A Deputación concede 45 bolsas de 3.500€ para deportistas da provincia da Coruña

En total destináronse 157.500 euros para o apoio a deportistas que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional

A Deputación da Coruña, na súa labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, ven de conceder este ano 45 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destacan en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A través desta convocatoria destináronse 157.500 euros, que foron a parar a deportistas de diferentes disciplinas. Concedéronse 8 de atletismo, 3 de bádminton, 1 de ciclismo, 9 de halterofilia, 1 de esgrima, 2 de judo, 2 de karate, 1 de loita olímpica feminina, 3 de natación, 2 de piragüismo, 3 de remo, 1 de remo olímpico, 1 de surf, 3 de taekwondo, 1 de tiro con arco, 1 de tríatlon e péntatlon moderno, 2 de vela e 1 de ximnasia.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, afirmou que “un dos propósitos da Deputación é estar ao carón dos nosos deportistas para que podan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel”.

Incremento da dotación

Nos últimos anos o goberno provincial incrementou notablemente o importe destinado a bolsas para deportistas, pasando de 30 bolsas de 2.500 euros a 45 bolsas de 3.500 euros. Ademais, ampliouse tamén o rango de idades, permitindo que os deportistas de entre 24 e 30 anos poidan participar na convocatoria.

Entre os requisitos desta liña estaba o de que os e as solicitantes tiñan que practicar un deporte que pertenza a unha das disciplinas incluídas no programa oficial dos Xogos Olímpicos de Tokyo. Ademais, os/as candidatos/as tiñan que acreditar o seu historial deportivo durante o ano 2020, constando as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais e internacionais e o proxecto deportivo da tempada actual.

As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade das persoas solicitantes:

Grupo A: 15 bolsas para deportistas de 12 a 17 anos

Grupo B: 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos

Grupo C: 15 bolsas para deportistas de 24 a 30 anos.

LISTAXE BENEFICIARIOS COAS BECAS DEPORTIVAS 2021

DEPORTISTA CONCELLO DEPORTE
LAURA RICO BOUZA NEDA Atletismo
ALBA CUNS IGLESIAS NEGREIRA Atletismo
ELIAN NUMA LÓPEZ IGLESIAS CEE Atletismo
MARIA PENA FERREIRO ORDES Atletismo
ANA PELETEIRO BRIÓN RIBEIRA Atletismo
MARIA BELEN TOIMIL FERNANDEZ MUGARDOS Atletismo
CARMEN SANCHEZ PARRONDO CORUÑA, A Atletismo
MAURO TRIANA LÓPEZ CORUÑA, A Atletismo
ALBA PRADA RODRÍGUEZ CORUÑA, A Badminton
SANTOS IGLESIAS, LAURA CORUÑA, A Badminton
PAULA NOYA SEOANE CORUÑA, A Bádmiton
MARÍA FILGUEIRAS BARCENILLA MIÑO Ciclismo
IAGO FERNANDEZ GARRIDO CORUÑA, A Esgrima
RUTH FUENTEFRIA SANCHEZ CORUÑA, A Halterofilia
VEGA GARCIA PERNAS CORUÑA, A Halterofilia
TIAGO LARRAMENDI BALLADARES BRIÓN Halterofilia
LUCIA LOPEZ ROMERO CORUÑA, A Halterofilia
IRENE BLANCO TARELA CORUÑA, A Halterofilia
MARTÍN LISTE VIAÑO TORDOIA Halterofilia
IRENE MARTINEZ SANTIAGO CORUÑA, A Halterofilia
VICTOR CASTRO MARIÑO CORUÑA, A Halterofilia
CARLOS CASTRO MARIÑO CORUÑA, A Halterofilia
ESTRELLA LÓPEZ SHERIFF SANTIAGO DE COMPOSTELA Judo
ALBERTO GAITERO MARTÍN CORUÑA, A Judo
XAVIER SANTOS VEIGA TEO Kárate
RUTH LORENZO COUSO TEO Karate
NEREA IGLESIAS CAMPOS MELIDE Loita Olímpica Femenina
PAULA OTERO FERNÁNDEZ CORUÑA, A Natación
MARIA DE VALDÉS ÁLVAREZ CORUÑA, A Natación
JACOBO GARRIDO BRUN CORUÑA, A Natación
ADRIÁN MOSQUERA RIAL RIANXO Piragüismo
CARLOS ARÉVALO LÓPEZ BETANZOS Piragüismo
ÁLVARO ALVEDRO DEL RÍO CORUÑA, A Remo
CAETANO XOSE HORTA POMBO NOIA Remo
MALENA BARRO CASANOVA NARÓN Remo
CANDELA MARTINEZ PERNAS CEDEIRA Remo Olímpico
SEBASTIÁN BAMONDE AMENEDO CORUÑA, A Surf
YERAY MANUEL SABUGUEIRO MORA NOIA Taekwondo
ALMA MARIA PEREZ PARRADO BOIRO Taekwondo
DESIREE RIVADULLA LORENZO BOIRO Taekwondo
DANIEL CASTRO BARCALA PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS Tiro con Arco
ANDRÉS CENDÁN LLORENS SANTIAGO DE COMPOSTELA Triatlón e Pentatlón Moderno
ANTONI RIPOLL GONZALEZ OLEIROS Vela
MARCOS FERNANDEZ FUERTES SANTIAGO DE COMPOSTELA Vela
ISMAEL NAVAZA EIRAS SANTIAGO DE COMPOSTELA Ximnasia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.