A Deputación concede preto de medio millón de € en axudas a 26 confrarías de pescadores coruñesas

Publicouse no BOP a resolución provisional desta liña de subvencións, destinada a apoiar aos pósitos na contratación de persoal e modernización dos procesos de produción e comercialización

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe a resolución provisional da liña de subvencións pola que a Deputación da Coruña concede 411.445,56 euros en axudas para apoiar a actividade de 26 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña.

Este programa ten o obxectivo de financiar ás confrarías en cuestións coma a contratación de persoal ou a modernización das súas infraestruturas, procesos de produción e comercialización. As subvencións concedidas van desde os 3.808 euros aos 19.500 euros e destinaranse a obxectos como poden ser o fomento da comercialización dos produtos pesqueiros, a revalorización do sistema telemático de poxa, a vixilancia dos bancos marisqueiros ou a produción e comercialización de xeo, entre outros.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García,  subliñou “a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos”“Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico que no último ano tamén se veu seriamente afectado pola pandemia, pero que segue liderando as cifras de pesca fresca, con máis de 78.000 toneladas de peixe, o 52% do total de Galicia, vendidas o ano pasado”, apuntou.

Concedidas provisionalmente

Solicitudes Importe

subvención

Beneficiario: AGRUPACION DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLONS
Obxecto: Financiamento parcial do servizo de gardapescas (conservación e control) da agrupación de mariscadoras do esteiro do río Anllóns.
8.187,51€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE BARQUERO BARES
Obxecto: ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA XAPONESA
6.720,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS
Obxecto: PROXECTO 2021 PRODUCCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE XEO
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMELLE
Obxecto: ASESORAMENTO ÓS PESCADORES ARTESANAIS E DO MARISQUEO A FLOTE NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMELLE
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CARREIRA Y AGUIÑO
Obxecto: ADQUISICION DE SEMENTE DE AMEIXA DE POSTA INDUCIDA
12.000,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CEDEIRA
Obxecto: MELLORA DOS SERVICIOS MEDIANTE O MANTEMENTO DE POSTOS DE TRABALLO
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CORME
Obxecto: FOMENTO DA ACTIVIDADE PESQUEIRA-MARISQUEIRA NO PORTO DE CORME
13.002,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LA CORUÑA
Obxecto: O mantemento dos postos de traballo das traballadoras que desenrolan o traballo administrativo na Confraría de Pescadores da Coruña
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE
Obxecto: PROXECTO DE MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DAS ESPECIES DE BAIXO VALOR COMERCIAL DA LONXA DE LAXE 2021
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LORBE
Obxecto: Soldos e Salarios Secretario
3.808,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MIÑO
Obxecto: Compra de semente, vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros, e xestión fiscal e laboral da entidade para este ano 2021.
16.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE SADA
Obxecto: CUBRIR PARTE DOS GASTOS DO PERSOAL DA CONFRARÍA
12.600,03€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS
Obxecto: REVALORIZACIÓN DO SISTEMA TELEMÁTICO DE SUBASTA DOS PRODUCTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA
Obxecto: Proxecto Servizo de Comercialización e Control de Descargas no Porto de Muxía
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME
Obxecto: Sufragación parcial de gastos salariais e de semente derivados dunha acción de mellora da xestión da comercialización e da produción de moluscos bivalvos
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CABO CRUZ
Obxecto: MELLORA DA ACTIVIDADE FUNCIONAL DA CONFRARIA E DA LONXA DE CABO DE CRUZ
16.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CORCUBION
Obxecto: FOMENTO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS DO ÁMBITO DA LONXA DE CORCUBIÓN
19.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE ESPASANTE
Obxecto: Mellora da comercialización dos Produtos Pesqueiros e Marisqueiros da Ría de Ortigueira
13.680,02€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE LIRA
Obxecto: SUBVENCION DE PERSOAL PARA NOVAS INICIATIVAS EN RELACION COS PRODUCTOS DO MAR
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES O PINDO
Obxecto: SubvencIón de persoal para posta en valor do mundo do mar e todo o que o rodea.
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN ANDRES
Obxecto: PRODUCCION E COMERCIALIZACION DE XEO
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN BARTOLOME DE NOIA
Obxecto: PERSOAL OFICINA
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS
Obxecto: DESENROLO DE TRABALLO PARA ATOPAR NOVAS FORMAS DE COMERCIALIZAR, DAR SAIDA A NOVOS PRODUCTOS E MELLORAR A PRODUCIÓN.
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON
Obxecto: VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS DE DIFICIL SAÍDA COMERCIAL NA LONXA DE PORTO DO SON
18.448,00€
Beneficiario: POSITO DE PESCADORES DE RIANXO
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACION NA LONXA DE RIANXO
17.500,00€

Total concedido 411.445,56€

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.