A Deputación da Coruña financia as actividades de sensibilización ambiental de 19 entidades da provincia

As subvencións permitirán dar apoio a actividades de difusión e sensibilización, accións formativas e programas de voluntariado ambiental, entre outras iniciativas

A Deputación da Coruña dedica 160.382 euros para apoiar o desenvolvemento de actividades de sensibilización sobre o medio ambiente levadas a cabo por 19 entidades sen ánimo de lucro da provincia.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a concesión provisional desta liña de axudas, que oscilan entre un mínimo de 1.027 euros e un máximo de 15.000.

As subvencións permitirán financiar iniciativas de difusión e sensibilización sobre a biodiversidade e a natureza, accións formativas, aulas ambientais ou programas de voluntariado, entre outras actividades.

O deputado responsable das áreas de Transición Ecolóxica e Territorio Sostible, José Ramón Rioboo, incidiu en que “estas axudas pretenden dar impulso a entidades que fan un traballo fundamental para a concienciación ambiental e a preservación dos nosos espazos naturais e da biodiversidade”.

Toda a información sobre a concesión provisional

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.