A ex subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, incorpórase como secretaria da Militancia do PSdeG

A coruñesa Pilar López Riobóo, quen fora subdelegada do goberno na Coruña ata a súa xubilación, incorporarase á dirección do partido en Galicia como secretaria da Militancia a proposta do secretario xeral, Gonzalo Caballero

Pilar López Riobóo foi funcionaria de longa traxectoria na administración, chegou a ocupar a dirección xeral do Instituto Social da Marina entre 2006 e 2010, foi tamén secretaria provincial da Seguridade Social e directora provincial do INEM.

Militante socialista dende hai máis de 30 anos, chegou a ser secretaria xeral do PSdeG en Sada e actualmente é membro da dirección local do partido na Coruña.

Coa súa incorporación á executiva do PSdeG como secretaria da Militancia, Pilar López Riobóo colaborará na tarefa de reactivar a vida orgánica do partido e de impulsar o papel e a participación da militancia de base.

Ante a proposta de Gonzalo Caballero, Pilar López Riobóo manifestou “o meu agradecemento e orgullo por traballar a carón do secretario xeral de todos os socialistas de Galicia” e trasladou o seu “compromiso de seguir impulsando un proxecto no que a militancia ten un papel protagonista”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.