A Plataforma Sanitaria convoca unha concentración en Foz polo desmantelamento da Atención Primaria

Será o vindeiro xoves 22 de xullo ás 12 horas diante do Centro de Saúde de Foz

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca una concentración diante do Centro de Saúde de Foz o vindeiro xoves 22 de xullo ás 12 horas en protesta polo desmantelamento  da Atención Primaria. Esta protesta pretende dar continuidade  ás mobilizacións que vimos facendo desde o pasado mes de xuño diante dos centros de saúde da comarca e que responden ao lema común “Contra o desmantelamento da Atención Primaria”.

Este colectivo sanitario ven de detectar tamén no centro de saúde de Foz eivas importantes no seu funcionamento , ao igual que está a acontecer en toda a rede de Atención Primaria da comarca e do país e que merman considerablemente a calidade da asistencia sanitaria,  malios case heroicos esforzos que realiza tanto o persoal sanitario coma o administrativo .

Falta de cobertura de profesionais e ausencia de persoal sanitario para desprazadxs

A  Plataforma Sanitaria da Mariña leva anos denunciando os recortes que está a sufrir a Atención Primaria , tanto en recursos materiais coma en persoal, situación que se agrava no verán, ao ter que substituir as vacacións duns profesionais que levan máis dun ano sobrecargadxs de traballo , dando o mellor de si mesmxs para lograr atender axeitadamente  tanto a patoloxía habitual coma a urxente ou a derivada da pandemia. Neste tempo o centro de saúde non recibiu ningún reforzo en ningún momento e as coberturas do persoal habitual mesmo foi insuficiente. A coordinadora do colectivo, Montse Porteiro , lembra tamén que o Sergas sigue sen cubrir a reducción de xornada da pediatra e que neste servizo de pediatría este verán terán que atenderse “todas as crianzas do concello de Foz, Valadouro ,Alfoz e a demanda de nenos e nenas desprazadxs a Foz polo verán cun servizo que non existe a tempo completo”.

A todo isto súmase a negativa por parte de Sergas para contratar persoal sanitario para atender ás persoas desplazadas, que nunha localidade coma Foz pode chegar mesmo a cuadriplicar a súa poboación, sobrecargando aínda máis ao persal do centro sanitario.

«Seguimos a reclamar a reposición do segundo TES e a dotación dunha matrona para o centro»

O colectivo sanitario quere tamén incidir na necesidade de que se volva dotar á ambulancia medicalizada do segundo Técnico de Transporte Sanitario eliminado sen causa obxectiva que o xustifique, pois nesta comarca tan dispersa e tan extensa precisamos dun segundo técnico que asegure a chegada no menor tempo posible a certos domicilios  aos que non é posible cun solo técnico que se encargue de conducir e localizar, precisando pedir reforzo á ambulancia de soporte vital básico . Este segundo técnico, a maiores debe encargarse da substitución do seu compañeir@ para dar masaxe en caso de parada , evitando o esgotamento dún único reanimador/a, pois nestes casos a enfermeira ten que adicarse á vía venosa e medicación e o persoal facultativo á vía aérea.

Esiximos tamén que se dote a este centro de saúde da catrgoría profesional de matrona, figura clave  en numerosos momentos da vida da muller e que non solo inclúen a atención ao embarazo , parto e puerperio senón tamén a todos os momentos e eventos na vida das mulleres, mesmo a atención en enfermedades da muller invisibilizadas e minusvaloradas como a endometriose. “Resulta incrible que una localidade coma Foz, con uns dez mil habitantes careza desta profesional” lamentan desde o colectivo.

Desde este colectivo sanitario animamos aos vecinos e veciñas a que acudan á concentración, pois só a mobilización e a presión social poden conseguir que o goberno da Xunta recúe nas súas pretensións de desmantelar á xa maltreita atención primaria. Conclúe  Montse Porteiro que “o pilar básico da atención sanitaria queda nunha situación de caos, que coma sempre afectará negativamente a veciños e veciñas. Comarca”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.