A proba ciclista CERATIZIT challenge by La Vuelta 21 terá unha etapa final con saída desde As Pontes e remate en Santiago de Compostela

A carreira é unha das máis importantes no calendario WorldTour feminino e celebrarase do 2 ao 5 de setembro

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, participou en Cabeza de Manzaneda na presentación oficial da ‘CERATIZIT challenge by La Vuelta’, unha das probas máis importantes no calendario WorldTour feminino que percorrerá Galicia por primeira vez na súa historia e que terá unha etapa final con saída desde As Pontes e remate en Santiago de Compostela.

A proba arrincará o 2 de setembro na provincia de Ourense e desenvolverase en catro etapas moi diferentes, entre as que se inclúen dúas esixentes xornadas de media montaña, unha cronoescalada de 7,3 quilómetros e unha última etapa en chan o 5 de setembro, con saída desde As Pontes e un previsible final ao sprint en Santiago de Compostela, coincidindo co final de La Vuelta 21 na Praza do Obradoiro.

As mellores corredoras do mundo daranse cita na carreira española máis importante do calendario ciclista feminino. Farano para tratar de desbancar á alemá Lisa Brennauer, do equipo Ceratizit-WNT Pro Cycling, vixente gañadora das dúas últimas edicións.

Na presentación Cristina Capelán destacou o desexo da Deputación de colaborar con este tipo de eventos “polos valores que promulga un deporte como o ciclismo e cos que nos sentimos amplamente identificados: esforzo, traballo en equipo pero tamén individual, sacrificio e solidariedade”

Toda a información sobre a proba e o seu percorrido

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.