A traiñeira de Mera mantense entre as 4 mellores da Liga A

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera finalizou en sexta posición na XVI Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal. Malia caer dous postos respecto á primeira regata, o equipo meracho continúa na cuarta praza da clasificación xeral da Liga Galega de Traiñeiras A.
Mera afrontará agora o primeiro fin de semana con doble xornada de regata desde a quenda de honra, xunto a Meira, Bueu e Cabo de Cruz. Os merachos remarán o sábado en Perillo a partir das 18:30 horas e o domingo en Cabo de Cruz ás 12:00 horas coa intención de manterse nos postos nobres da clasificación.