A Xunta impulsa proxectos de mellora en oito parques empresariais lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou das axudas concedidas aos concellos de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade para financiar obras de modernización nos polígonos

A Xunta de Galicia aprobou axudas que suman preto de 700.000 euros (687.300 euros) para impulsar obras de mellora en oito polígonos industriais da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, informou da resolución da orde de achegas dirixidas a concellos para modernizar as infraestruturas dos parques empresariais, que beneficiará aos municipios de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade, onde grazas a estas axudas prevese unha mobilización final nos proxectos de 1,1 millóns de euros.

En concreto, en Cervo a Xunta destina 240.000 euros a financiar dous proxectos no polígono de Cuiña, un deles orientado a dotar de beirarrúas unha marxe da vía de acceso LU-P-1510 (sentido Burela-San Cibrao); e outro para mellorar a xestión de residuos.

Tamén se conceden 120.000 euros para o acondicionamento e ampliación dun camiño público no parque industrial do Reboredo (Monforte de Lemos) e igual contía para ampliar a EDAR da área Acivros (Chantada).

Así mesmo, a Xunta destina 74.200 euros a mellorar a rede viaria do polígono da Pontenova; 40.900 euros para actuar nos accesos ao parque do Peago (O Saviñao); 40.500 euros á segunda fase de instalación do sistema de vídeo vixilancia en Rábade; 29.900 euros para mellorar as infraestruturas de recollida de residuos en Begonte e 21.800 euros ao repintado das marcas viarias no polígono de Monterroso.

Arias apuntou que as axudas poden alcanzar ata o 80% do importe dos proxectos cun límite de 120.000 euros para solicitudes individuais. Entre outros criterios, valórase de xeito especial que os solicitantes sexan Concellos Emprendedores, pero tamén se ten en conta a superficie do parque empresarial, o nivel de ocupación ou a poboación do municipio.

Esta liña de achegas da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación pretende favorecer unha actualización permanente dos parques industriais De Galicia para dar resposta ás necesidade de infraestruturas, comunicacións ou de adecuación ás novas exixencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.