Adega Lugo presenta as xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”

A cidade de Lugo acollerá un ano máis as xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”, nas que recoñeceremos a vexetación característica da zona de Bosende, as constelacións protagonistas do ceo nas noites de verán, as aves que percorren os ceos da cidade e coñeceremos as zonas de baño históricas no río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo

O calendario de actividades proposto é:

TERRÍCOLAS: Os froitos da terra (Xoves 29 de xullo ás 17h)

Antonio Rigueiro, catedrático profesor da USC guiaranos desta andaina identificativa da vexetación a través dunha pequena andaina de 3Km. Dende o Centro de cestería percorreremos as carballeiras do Rato, e chegaremos ata o núcleo de Bosende, ata chegar ao Centro de Interpretación Terras do Miño; zonas que están afectadas polos proxectos de construción da Rolda Leste e da eliminación dos pasos a nivel de ADIF. Recoméndase levar guías de identificación de árbores, plantas e aves, ademais de prismáticos.

ESTRELAS: Brilar con luz propia (Madrugada do sábado ao domingo 15 de agosto á 1h)

Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA guiaranos no recoñecemento das estrelas e constelacións do ceo lucense, coincidindo co tempo das Perseidas.

AVES: Sostidas no ar (Domingo 22 de agosto ás 10h)

Roi Cuba, presidente de ADEGA, acompañaranos nesta andaina na que poderemos avistar as aves máis características da cidade de Lugo, para o que recomendamos traer guías de aves e prismáticos.

AUGA: Lecer e vida (Pendente de data)

Percorreremos un treito do Río miño na procura das zonas de baño históricas que dende moitos anos, a cidadanía de Lugo empregou para achegarse ao río.

Todas as actividades son de balde e con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse chamando ao 982240299 (en horario de mañá, agás os mércores de tarde) ou escribindo a adegalugo@adega.gal indicando nome, apelidos, DI e teléfono de contacto. En todas as actividades será necesario cumprir as medidas de prevención da COVID vixentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.