Adxudicadas as obras de construción dunha rotonda no cruce de A Chasqueira, en Iñás

As obras eliminarán o punto negro de seguridade que supón o actual cruce das estradas DP 1707 e a AC-221 pola súa escasa visibilidade e elvado volumen de tráfico, pois comunica Oleiros, Culleredo, Cambre e Abegondo

A Deputación da Coruña investirá 464.249,55 euros nas obras de mellora da intersección das estradas DP-1707 e a AC-221, no núcleo de A Chasqueira (Iñás-Oleiros). A este investimento hai que sumar os máis de 64.000 € euros destinados ás expropiacións para a realización dos traballos, xa completadas.

Tras a sinatura do contrato hoxe na sede da institución provincial, os traballos comezarán a a executarse este mesmo verán.

Segundo explicou o deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, as obras consistirán na construción dunha rotonda que regulará o tráfico nesta intersección, na que se cruzan a estrada provincial DP 1707 Oleiros-Pravio e o vial de titularidade autonómica AC-211 San Pedro de Nós-Mabegodo, e que actualmente supón un punto negro de tráfico debido á escasa visibilidade do cruce actual, onde se rexistra un elevado volume de tráfico, pois comunica Oleiros, Culleredo, Cambre e Abegondo.

Segundo os datos do servizo de Vías e Obras da institución provincial, por este punto circulan a diario unha media de 3.381 vehículos ao día, dos que un 7% son vehículos pesados. As previsións son que en 20 anos, máis de 4.500 vehículos atravesen diariamente este punto conflitivo, o que fai necesaria unha actuación que regule e mellore a seguridade do tráfico.

As obras suporán tamén unha lixeira mellora do trazado da DP 1707, que conta cunha pendente lonxitudinal elevada, e a construción dunha rotonda cuxos ramais sur e norte desembocarán na DP 1707 e este e oeste na AC-211 da Xunta de Galicia, conectando as avenidas Salvador Allende e Espoz y Mina da localidade oleirense.

O prazo de execución é de seis meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.