Alumnos de 17 países comenzaron os cursos de formación da International Summer School da Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña deu inicio, un ano máis, a unha nova edición, a sétima, da International Summer School. Ata o día 30 deste mes, preto dun centenar de estudantes de 17 países participarán neste programa de formación curricular en inglés que propón a Vicerreitoría de Internacionalización.

As circunstancias actuais derivadas da pandemia fai que do centenar de asistentes, a metade curse a formación ofertada en formato presencial e o resto siga os cursos que se ofrecen en modo telemático.

A Escola Técnica Superior de Arquitectura acolleu onte o acto de benvida ao novo alumnado. A coordinadora da ISS, Begoña Crespo, o director da Oficina de Relacións Internacionais, Evaristo Zas, e o director da Escola de Arquitectura, Plácido Lizancos, abriron as aulas da UDC ao estudantado procedente de Italia, Rusia, Serbia, Montenegro, Ucraína, Kazaxistán, Perú, República Dominicana, Estonia, Alemaña, Xeorxia, Exipto, Brasil, Armenia, Bielorrusia, Colombia e Arxelia. Ademais das clases dos cursos presenciais, o alumnado ten un programa social para coñecer a cidade e o seu contorno.

Os cursos que se imparten son:

• Arabic language and literature

• Financial Markets Analysis: Basics of Derivatives

• Financial shocks, Financial Stability and Irrationality in Decision Making

• International Courts And Tribunals

• International Marketing and Brand Management

• Tourism, Creativity and Development

• 3D Laser Scanning and Imaging

• Methodology of Project Management, Development & organization of international projects

• Basics of data analysis using Python

• The Power of Persuasion and Negotiation Skill

• Formal methods in Architecture and Urbanism (SCAVA)

• Introduction to Computer Vision and Deep Learning

• Materials Science

• Agile Project Management

A International Summer School da UDC rematará o vindeiro venres, 30 de xullo ás 12h cunha entrega de diplomas aos participantes que superen a avaliación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.