Andrea Sierra refuerza el centro de la defensa del RC Deportivo Femenino

Andrea Maddalen Sierra Larrauri (Bilbao, 15 de maio de 1998), máis coñecida como Andrea Sierra, incorpórase ao cadro do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

A futbolista biscaíña, que xoga como defensa central aínda que tamén pode facelo como lateral dereita, foi internacional sub-17, sub-19 e sub-20 con España. Andrea Sierra alcanzou o subcampeonato mundial sub-20 en 2018 cun equipo no que tamén militaban as exdeportivistas Misa Rodríguez e Nuria Rábano e que soamente caeu na final ante Xapón (1-3). Un ano antes, tamén formou parte da selección española que conquistou o Campionato de Europa sub-19, igualmente xunto a Misa e Nuria, tombando na final a Francia (3-2).

Formada no Loyola Indautxu bilbaíno e o Bizkerre FT de Getxo, Andrea Sierra fichou polo Athletic Club en 2014. Xogou dúas temporadas no segundo equipo branquivermello antes de debutar co primeiro aos 18 anos, o 30 de outubro de 2016 fronte ao Atlético de Madrid.

Após alternar aparicións co primeiro e segundo cadro naquela Temporada 2016-2017, no seguinte curso ascendeu definitivamente á formación principal. Nas súas catro temporadas e media co primeiro equipo, Andrea Sierra sumou 57 partidos e 1 tanto en Primera Iberdrola.

Foto: RC Deportivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.