Arangüena considera que “non se debe relativizar a importancia das causas da violencia”

Pablo Arangüena referiuse ás declaracións do presidente da Xunta como “desafortunadas” cando relativizou a importancia da motivación do crime de Samuel Luiz

O vicesecretario xeral do PSdeg e deputado no Parlamento de Galicia, Pablo Arangüena, en rolda de prensa hoxe na Coruña mostrou a consternación polo asesinato de Samuel Luiz, e manifestou que a “proba desa consternación son os milleiros de persoas que se concentraron este luns na praza de María Pita e en tantos lugares de España”.

Arangüena sinalou que desde o PSdeG “dixemos desde o primeiro momento que había que ser cautos e prudentes respecto das motivacións e deixar que avanzase a investigación” e referiuse ás declaracións do presidente da Xunta como “desafortunadas” cando relativizou a importancia da motivación deste crime. “O Sr. Feijóo acusou indeterminadamente non se sabe a quen de facer política con este asasinato”, unha acusación grave cando “quen fai política é él” ao dicir que “hai partidos que en función de quen sexa o autor ou a vítima condenan con maior ou menor intensidade”. Para o vicevoceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia iso “é facer auténtica demagoxia” porque as circunstancias da violencia son relevantes.

“Non é o mesmo unha labazada que un homicidio que un asasinato. E as circunstancias do autor e da víctima son enormemente relevantes para valorar o delito e a pena nun xuízo, tan relevantes que determinan que do homicidio poida pasarse ao asasinato”.

O vicesecretario xeral do PSdeGPero insistiu en que é preciso valorar ás circunstancias e as motivacións da violencia para combatila “Para actuar sobre as causas da violencia hai que coñecelas e non relativizalas como fai o Sr. Feijóo. É un debate clásico no que o presidente da Xunta está adoptando a posición da dereita reaccionaria, él saberá por que” concluiu Arangüena.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.