Arrinca a 5ª edición de 17° Ribeira Sacra Festival, unha proposta inigualable

17º Ribeira Sacra arrinca a súa quinta edición apostando por unha experiencia completa. Música, gastronomía, viño e actividades patrimoniais enmarcadas nun territorio excepcional  

O pistoletazo de saída da quinta edición de 17°Ribeira Sacra Festival tivo lugar esta mañá na presentación do festival no restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), fogar da encargada de preparar toda a proposta gastronómica este ano, e á que asistiron Jacobo Sutil, director de Agadic, Carlos A. Montilla, director do festival, Lucía Freitas, chef responsable de A Tafona e representantes dos Concellos e diferentes marcas.

Pero non será ata a tarde do venres a bordo do catamarán Ponte do Sil cando o público descubrirá ao artista do Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra. Desta maneira comezará 17°Ribeira Sacra Festival 2021, cunha experiencia irrepetible, á altura de todo o que vivirán os asistentes os próximos 16, 17 e 18 de xullo nun territorio máxico como é a Ribeira Sacra.

Porque o que completa esta proposta cultural e culinaria é, sobre todo, o espectacular enclave no que se desenvolve. Os sete escenarios do festival destacan pola súa singularidade; as Bodegas as Regina  Viarum, onde está situado o Escenario Xacobeo 21·22, o Miradoiro de  Santiorxo e as impresionantes vistas do Escenario Momentos Alhambra, o catamarán de Ponte do Sil, Escenario Deputación de Lugo, a Reitoral de Gundivós, a fusión entre tradición oleira e vinícola; a Adega Vía Romana, os interminables xardíns do Eurostars Pazo de Sober e o Centro histórico de Chantada.

Nesta quinta edición, 17º Ribeira Sacra aposta por impulsar a oferta gastronómica grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra. Showcookings e maridaxes culinarias deseñadas por chefs galegos de referencia, como Carlos J. González, Juan Crujeiras e Lucía  Freitas, será a responsable de deseñar a proposta gastronómica do festival que se poderá degustar nas zonas situadas en Regina Viarum e Eurostars Pazo de Sober.

«Misto Lucía Freitas» é a aposta da Chef con Estrela Michelin para achegar a súa visión a un festival que conta cunha gran traxectoria na promoción do equilibrio entre cociña tradicional e moderna co produto próximo e de calidade como fío condutor en cada unha das edicións.

17º Ribeira Sacra é moito máis que música, pero esta resulta fundamental. A proposta consolídase precisamente grazas a un cartel espectacular composto por artistas nacionais e internacionais: The Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto Sacramental, Ale e Rapariga dj. Ademais, esta quinta edición volve contar de novo cun invitado especial, Ángel Carmona.

Entre as actividades que se poderán desenvolver durante as tres xornadas do festival, destacan a cata inmersiva musical, a cata a cegas por parellas, o roteiro ao miradoiro de Pena do Castelo ou por primeira vez este ano, o festival contará cuns encontros que se poderán seguir a través da canle de Twitch do festival.

O festival chegará ao seu fin o domingo pola tarde cun evento Especial de Clausura co concerto de Ale, maridaxe da man do restaurante Ceibe con produtos de Galicia Calidade e cata de viños Vía Romana, e unha sesión  DJ a cargo de Isaac Pedrouzo. Pero antes, durante a mañá, a xornada desenvolverase no Centro histórico de Chantada coa artista madrileña Sofía Comas e a viaxe polo universo que crearon Budiño & Novoa.

17º Ribeira Sacra conta ademais con servizo de autobús interno, que desprazará aos asistentes entre os diversos escenarios nos que se desenvolverá o evento. Todos os horarios de concertos, actividades e autobuses poden consultarse na web do festival.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.