As festas de verán chegan á parroquia de Seixo, en Marín

As festas de verán chegan a Seixo a próxima fin de semana. Despois do arranque da programación festiva e de dinamización do Concello para esta época do ano, chegan agora as actuacións, a música e as actividades infantís a Seixo

Os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage presentaron a programación, acompañados de Manuel Solla, tesoreiro da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS).

Así, o venres 23, ás 23.00 horas, haberá animación musical a cargo de Los Coleguitas, no entorno da Praza de Abastos. O sábado, de 11.00 a 14.00 horas, haberá actividades infantís na Alameda, para que os máis pequenos da casa tamén poidan gozar destas festas, e a partir das 12.30 horas, a ambientación musical será a cargo de Os Saljariteiros, na Praza de Seixo.

Xa de noite, na Alameda, a Banda de Música Musimarín ofrecerá un concerto ás 21.00 horas e máis tarde, ás 23.00 horas, será o grupo Raúl & Cía o encargado de poñer o peche á programación no entorno da Praza de Abastos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.