As pistas de tenis da Raña de Marín, en pleno acondicionamento

As pistas de tenis da Raña en Marín están sendo obxecto dun importante acondicionamento, para mellorar os problemas de deterioro que presentaba a instalación deportiva polo uso e polo paso do tempo

A empresa Bahía Park é a que se está a encargar da execución destes traballos, que suporán unha inversión de 15.924,81 euros (IVA incluído), con cargo a unha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Con actuacións coma estas, o Concello segue na liña de mellora e adecuación das súas instalacións deportivas, co obxectivo de que o deporte que se fai en Marín, sexa profesional ou amateur, poida realizarse nas mellores condicións, con servizos de calidade e opcións válidas para o adestramento e o lecer.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.