ATARDECER NO GAIÁS 21 | Día 29. Jay-Jay Johanson | Día 30. Caamaño & Ameixeiras

Atardecer no Gaiás volve mañá co son intimista de Jay-Jay Johanson e a música de raíz de Caamaño & Ameixeiras, dúas propostas ben distintas pero que comparten a exploración de correntes e tradicións na procura dunha sonoridade inconfundible.

JAY-JAY JOHANSON
Xoves, 29 de xullo | 21 h

As melodías delicadas, escuras e elegantes do  sueco Jay-Jay Johanson ecoarán na praza central da Cidade da Cultura. O ‘Sinatra nórdico’ está de estrea con Rorschach Test, un álbum especialmente suxestivo e fondamente teatral que xoga coa percepción do ouvinte e o leva a través de diferentes sonoridades e estados de ánimo. Entradas

 

CAAMAÑO & AMEIXEIRAS
Venres, 30 de xullo | 21 h

Caamaño & Ameixeiras recuperan para nós a esencia da romaría no escenario do Gaiás. Co seu disco debut, Aire, engalanan a nosa música de raíz con cores doutras latitudes para nos embeber do espírito da foliada e a celebración do baile. Desta volta, fano na compaña de Antía Muíño e Xavi Lozano. Entradas

Os concertos de Atardecer no Gaiás continúan en agosto na praza central da Cidade da Cultura. As entradas para cada concerto teñen un prezo de 3 euros e póñense á venda cada semana a través da plataforma web de ataquilla.com

+ información

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.