CCOO e UGT insta ao Goberno a suba do SMI e derrogar a reforma laboral no camiño da recuperación económica

Preto de 300 persoas, delegadas e delegados de UGT e CCOO concentráronse este mércores fronte á Delegación do Goberno, na Coruña, para lembrarlle ao Executivo central que «agora si toca» subir o salario mínimo e derrogar a reforma laboral para iniciar o camiño da recuperación económica tras a pandemia.

A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, lembrou que o Goberno de coalición tiña tres compromisos, que eran a derrogación da reforma das pensións, a suba do SMI e tombar a reforma laboral. «Se cadra algúns, no Goberno, cren que son cuestións que non teñen relación entre si, pero están intimamente ligadas», advertiu a sindicalista.

Pérez apuntou que o 1 de xullo se chegou a un acordo sobre a primeira das cuestións. Porén, «se queremos modernizar o noso mercado de traballo de cara ao futuro», urxiu a acometer as dúas reformas pendentes, pois «a cohesión social é fundamental na recuperación económica».

«Imos seguir na rúa e presionando o Goberno para conseguir estes obxectivos que nos marcamos a comezos deste ano, por iso estamos aquí [na Coruña] e seguiremos estando os meses que sexan necesarios», advertiu a secretaria xeral de CCOO.

Pola súa parte, o secretario xeral de UGT, José Antonio Gómez, salientou que «as organizacións sindicais, nesta pandemia, salvamos empresas e empregos» acordando medidas co Executivo central e coas organizacións patronais.

Na súa opinión, «agora si toca» acometer as reformas que quedan pendentes tras derrogar a reforma das pensións, para sentar as bases dunha recuperación «que ten que vir pola vía de acabar coa precariedade; sobre todo na xuventude, onde supera o 40%, e nas mulleres».

«Se queremos recuperación económica, hai que falar de salarios. E os salarios súbense a través do SMI e da negociación colectiva», insistiu Gómez. Precisamente, a negociación colectiva

«quedou moi tocada coa reforma laboral do PP». Neste sentido, instou a recuperar a ultraactividade dos convenios — que manteñan a súa vixencia mentres non se acorde un novo marco laboral— e que o convenio do sector prime sobre o da empresa «para evitar a desvalorización das condicións de traballo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.