Cine, teatro, danza e música protagonizan as actividades de verán na Pontenova

Cine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos no Pozo do Ola serán algúns os protagonistas das actividades de verán que organiza o Concello da Pontenova

“Presentamos unha ampla selección de actividades nas que poden participar toda a familia, ademais este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto” dixo Campos Conde.

“Quero lembrar que esta programación ao aire libre está adaptada ás actuais condicións sanitarias, e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. Non podemos baixar a garda”, avanzou o rexedor.

Programación

A escola Municipal de Teatro da Pontenova inaugura a tempada estival co “Misterio da Via Rexia”, a cita será 23 de xullo ás 23.00 horas. O día 24 haberá cine ao aire libre coa proxección da película “Cuñados”, ás 23:30 horas. E o 25 a protagonista será a danza coa compañía “Propulsa”. As actuacións destes tres días celebrárase na Praza dos Fornos.

O Pozo da Ola será o escenario doutro inesquecible verán con xogos acuáticos, serán os días 12, 13, 14 e 15 de agosto. A programación destas actividades deportivas fluviais, de balde e para todos os públicos, desenvólvese en espazos naturais como o noso río e inclúe atraccións con inchables e moitos xogos. Cada sesión de mañá e tarde, estará supervisada por profesionais.

O mes de agosto comeza coa actuación musical dos Piñeiros será o día 6 de agosto ás 22:30 horas. O 13 ás 22:30 horas o protagonista será o Circo do lume, que inclúe números que mesturan técnicas de baile con malabares, manipulación, pirofasia e humor. A Banda da Loba actuará o día 21 de agosto ás 21:30 horas, e por último haberá maxia da man de David Méndez, o día 28 de agosto ás 20:30 horas. Todas estas actuación celebraranse tamén na Praza dos Fornos.

Campamento de verán

Paralelamente a estas actividades o Concello da Pontenova organiza novamente unha nova edición do seu campamento de verán para os máis pequenos da casa, poden participar dende os 3 aos 14 anos, e están adaptadas ás normas COVID. “Celebrase dende o 26 ata o 30 de xullo, e no mes de agosto dende o día 2 ata o 6 cun horario de 10:00 a 14:00 horas”. Para participar, previo pago da matricula, hai que inscribirse no Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.