Comenzan as obras de mellora nos accesos da Croa, no barrio de Albeiros

Rubén Arroxo: «Seguimos a intervir nas zonas periurbanas para garantir a mellora da calidade de vida da veciñanza»

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo está a renovar a pavimentación na zona da Croa, no barrio de Albeiros. Rubén Arroxo explicou que «desde a área de Mobilidade e Infraestruturas seguimos a traballar nas zonas periurbanas da cidade para garantir que as veciñas e veciños teñan garantidas cuestións importantes como a seguridade viaria ou a accesibilidade en todos os puntos da cidade».

Na zona da Croa estase a renovar o asfalto nos viais que quedaron pendentes despois da renovación da rúa Romeu a finais do ano 2019, que contaban cun asfalto moi deteriorado polo paso dos anos. O asfalto renovarase cunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que garantirá un selado do firme ante a acción da auga superficial e garantirá unha prolongada duración da actuación.

Os traballos previos ao asfaltado consistirán na limpeza da área de actuación e a reconstrucción do firme para evitar que os defectos da capa base poidan chegar á nova banda de rodadura. Unha vez se remate o asfaltado, adaptaranse os rexistros e renovarase a sinalización horizontal e vertical. A área de Mobilidade e Infraestruturas inviste en total 34.001€ na realización desta actuación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.