Compostaxe para os máis cativos de Arbo

O Concello de Arbo leva ao campamento de verán o Plan Revitaliza da Deputación con actividades sobre compostaxe para nenas e nenos

As actividades educativas do Revitaliza están efectivamente destinadas a nenas e nenos de Infantil, Primaria e Secundaria nos campamentos urbanos, cunha pequena parte teórica e outra práctica, traballando nos distintos aspectos da compostaxe dunha maneira lúdica para facerlles máis alcanzables os conceptos a estes nenos e nenas, que están  a gozar do seu período vacacional.

As actividades amosan como facer para xerar os mínimos residuos posibles e axudar a coidar o medio ambiente. Así aprenden que a reciclaxe dos restos de cociñar e das comidas, das podas dos xardíns e as hortas, faise de forma natural e económica mediante a compostaxe.

Traballando sempre no campamento con grupos reducidos para garantir a seguridade necesaria segundo o establecido polas autoridades sanitarias e escolares, e coa colaboración da monitoras, realizáronse varios grupos no mesmo día.

O Concello de Arbo, xa puxo en practica o coidado do medio ambiente entre a poboación, repartindo un total de 130 composteiros, e espera seguir estendendo esta practica entre os arbense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.