Continúa co plan de calmado de tráfico en cinco novas zonas de Lugo

«Seguimos traballando no calmado de tráfico en toda a cidade, unha serie de intervencións moi importantes que executamos desde a nosa chegada ao goberno», afirmou Rubén Arroxo

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou a continuación do plan de calmado de tráfico na cidade de Lugo, que foi iniciado pola Tenencia de Alcaldía desde a chegada ao goberno municipal. «Buscamos un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza de toda a cidade», afirmou Rubén Arroxo, que destacou «a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando nas zonas escolares, e que agora expandimos a novas zonas da cidade».

Nesta intervención realizarase un novo paso de peóns elevado na Avenida de Madrid, xunto á praza do Rei. Ademais de instalarse novos lombos nas rúas Mar Cantábrico, rúa da Saúde, Calzada das Gándaras e Virxe da Soidade, en zonas onde non é posible realizar un paso de peóns elevado.

A área de Mobilidade inviste 25.132,99€ nesta nova intervención de calmado de tráfico. Arroxo afirmou que «seguimos a traballar para que Lugo se convirta nunha cidade na que as persoas sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.