Deputación de Ourense e Xunta asinan o convenio para integrar no repositorio “Galiciana” o arquivo do xornal La Región

Este acordo, asinado polo Manuel Baltar e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, permitirá a integración na Biblioteca Dixital de Galicia dos fondos bibliográficos do periódico ourensán 

“A preservación por medio da dixitalización do legado informativo do xornal La Región, permítemos manter a memoria do noso; é unha obriga que temos coa historia da nosa provincia para conservar os aconteceres máis importantes que se deron en Ourense desde 1910”, afirma Baltar 

No seu momento, a Deputación de Ourense adquiriu este arquivo para poñelo a disposición dos ourensáns e de calquera persoa interesada no devir da provincia, “cun fedatario tan importante da historia do territorio provincial como é La Región, un grupo de comunicación líder no mundo da emigración, no ámbito provincial e de Galicia”, destaca o presidente da Deputación. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.