Dous novos espectáculos de danza amplían a programación do MIHL

O vindeiro domingo, 11 de xullo, as persoas que se acheguen ao MIHL poderán desfrutar de dous espectáculos de danza. A entrada será de balde ata completar a cabida do recinto

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os dous novos espectáculos de danza que se veñen de unir á programación do MIHL e cos que se pretende continuar a apoiar a danza e as artes do movemento a toda a veciñanza, para así «achegar a cultura dun xeito diverso e enriquecedor a toda a veciñanza».

O vindeiro domingo, 11 de xullo, a partir das 20:30, todas as persoas que se acheguen ao MIHL poderán desfrutar de Miñaxoia, de Clara Ferrao, e de Vertebrata, de Alejandra Balboa. A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto, e non será preciso reservar entrada previamente.

Os espectáculos están enmarcados dentro da proposta Danza + Paisaxe + Patrimonio, xestionada pola AGADIC dentro da programación do Xacobeo 21-22, e que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.

Maite Ferreiro afirmou que «seguimos traballando para que o MIHL teña unha gran cantidade de actividades culturais de calidade durante todo o ano, nas que se poden ver distintas mostras de todos os estilos e formas de expresión cultural».

Sinopse de Miñaxoia, de Clara Ferrao

Duración: 15 minutos.

Un corpo, unha vibración, un croque, huna fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.

Sinopse de Vertebrata, de Alejandra Balboa

Duración: 10 minutos.

Sinopse: Unha viaxe emocional no que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste corpo atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade. É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia. Non deixo que nada entre en min sen retumbar, sen controlar a intensidade coa que habitan, chocan ou explotan. Ás veces parece que descansan, pero de seguido recorren todo o espazo que poden para facerse notar. Limítome a intentar apagalas. Penso, ilusa, que cando me volvan a pellizcar, entendereinas con claridade. Pero non. Non consigo que se durman. Temo que a miña paz quedará reducida aos pequenos momentos nos que o aire consiga entrar e salir do meu corpo sen dificultade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.