El RC Deportivo deja buenas sensaciones en su estreno en pretemporada ante el Racing Vilalbés con goles de Rafa de Vicente y Miku

O Dépor 2021-2022 iniciou os tests de pretemporada con vitoria nun partido no que Borja Jiménez aproveitou para poñer en xogo un once en cada parte, nun dos choques tradicionais do verán, a visita ao Campo da Magdalena para medirse ao Racing Villalbés.

A de hoxe foi a 24ª visita branquiazul a Vilalba, un día antes de que se cumpran 35 anos da primeira, que tivo lugar o 29 de xullo de 1986, aínda que naquela ocasión o escenario do encontro foi o Estadio Roca.

O debut do técnico abulense no banco deportivista comezou cun equipo disposto nun 4-2-3-1, cun dobre pivote formado por Álex Bergantiños e Rafa de Vicente e un trío por diante composto por William e Yeremay nas bandas e Menudo por dentro.

O Dépor mostrouse dominador desde o principio, aínda que os seus achegamentos máis claros foron anulados por fóra de xogo. O que non foi anulado foi o golazo de Rafa de Vicente, recentemente superado o cuarto de hora, empalmando a botepronto un rexeite após un córner.

Unha cabezada alta de Menudo a centro de Aguirre antecedeu a unha pausa de hidratación, xusto cando se cumpría a media hora. A cinco minutos do descanso, Miku ampliou distancias cun duro zurdazo por alto desde a parte esquerda da área. O propio internacional venezolano, xa no tempo engadido, non puido chegar a un pase da morte de Menudo desde a dereita.

Na segunda parte, Borja Jiménez cambiou aos once xogadores e modificou o esquema. O Deportivo pasou a xogar cun rombo en mediocampo con Josep Calavera como eixo, Villares e Juergen aos costados e Gandoy por diante. Quiles e Noel formaron o dúo de ataque.

Ao cuarto de hora, Juergen Elitim viu como Ángel Fraga realizaba unha gran intervención nun libre directo lanzado con moita intención. Pouco despois, o colexiado anulaba un gol a Noel por fóra de xogo. Só transcorreran un puñado de segundos desde esta acción cando o Villalbés recortou distancias por medio de Javi Rey. O xogador rojiverde remachou no segundo pau o rexeite de Alberto a un remate de cabeza del mesmo.

Pouco despois, Mella realizou a súa estrea coa camiseta branquiazul. O equipo pasou entón a xogar cun 4-4-2, con Gandoy á dereita e o propio Mella á esquerda dun dobre pivote formado por Juergen e Villares.

No tramo final, o Dépor puido sentenciar o choque nun man a man de Quiles co porteiro local, que de novo estivo acertado, e cando Gandoy viu como lle anulaban un tanto a porta baleira por un fóra de xogo previo de Villares bastante dubidoso.

Racing Villalbés: Javi Rumbo (Ángel Fraga, min. 46), López, Cadra (Vérez, min. 46), Tomé (Make, min. 46), Buyo (Marco, min. 88), Ángel Casanova (Alberto Novoa, min. 76), Javi Varela (Neira, min. 88), Diego Ferreiro (Javi Rey, min. 46), Dani Pedrosa (Noel, min. 88), Cuadrado (Anxo, min. 46) e Rares Mezdrea (Otero, min. 46).

RC Deportivo: Mackay (Alberto, min. 46), Lapeña (Iván Guerrero, min. 46), Pablo Trigueros (Juan Rodríguez, min. 46), Dani Barcia (Borja Granero, min. 46), Aguirre (Héctor Hernández, min. 46), Álex Bergantiños (Josep Calavera, min. 46) (Mella, min. 74), Rafa de Vicente (Juergen, min. 46), William (Gandoy, min. 46), Menudo (Quiles, min. 46), Yeremay (Villares, min. 46) e Miku (Noel, min. 46).

Goles: 0-1 Rafa de Vicente (min. 16); 0-2 Miku (min. 40); 1-2 Javi Rey (min. 69).

Árbitro: Juncal Moreira (c. galego). Cartón amarelo a López (min. 60).

Incidencias: primeiro partido amigable da pretemporada 2021-2022 disputado no Campo da Magdalena con asistencia limitada a 500 espectadores debido á pandemia de COVID-19.

Foto: RC Deportivo 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.