El RC Deportivo empezará mañana la tercera semana de pretemporada que constará de 7 entrenamientos y un amistoso el próximo sábado ante el Viveiro CF

O Deportivo inicia mañá luns 26 de xullo a súa terceira semana de pretemporada, que será calcada á pasada semana: sete adestramentos en Abegondo, dúas xornadas de dobre quenda (luns e mércores) e un amigable o sábado, esta vez en Viveiro e á espera de coñecer a data do aprazado en Vilalba onte sábado 24 de xullo.

Cada día que haxa actividade, o cadro reunirase para almorzar no comedor da Cidade Deportiva ás 09:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 26 de xullo

10:30 e 19:00 h.

Martes 27 de xullo

10:30 h.

Mércores 28 de xullo

10:30 e 19:00 h.

Xoves 29 de xullo

10:30 h.

Venres 30 de xullo

10:30 h.

Sábado 31 de xullo

19:00 h.: Viveiro CF – Deportivo, no campo de Cantarrana.

Foto: RC Deportivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.