Elena Candia expresa a súa preocupación pola parálise do goberno da Deputación de Lugo presidido por Tomé

Elena Candia e os deputados provinciais populares mantiveron unha reunión na que puxeron en valor a unidade e a fortaleza do PP lucense e a determinación desta formación de recuperar o goberno provincial

Os populares constataron na reunión, con profunda preocupación, que no bigoberno provincial “non hai capacidade para xestionar fondos Next Generation de reactivación e resiliencia”

 O PP está convencido de que, como ocorreu coas axudas ao tecido produtivo, insistentemente reclamadas por el, tamén a Deputación chegará tarde e mal aos fondos europeos de recuperación e resiliencia

No Partido Popular teñen a firme determinación de continuar “promovendo iniciativas para que a provincia de Lugo non se quede atrás, porque o goberno da Deputación pouco, ou nada, está a facer neste sentido e segue na liña de que sexan as outras administracións as que tiren por Lugo, e iso non chega”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.