Elena Candia:  “Feijóo debe ser o faro do PPdeG para seguir a traballar polos intereses dos veciños e veciñas de Galicia”

A presidenta provincial, Elena Candia, considera que “Feijóo debe ser o faro do PPdeG para seguir a traballar polos intereses dos veciños e veciñas de Galicia”. “A xestión, o traballo e a súa enorme vocación de servizo público”, avalan a Alberto Núñez Feijóo para repetir como presidente do PPdeG. Así o indicou na súa intervención, ao tempo que felicitou ao popular por revalidar o cargo por quinta vez consecutiva.

Candia, que amosou unha gran satisfacción por seguir contando con Núñez Feijóo para dirixir o partido a nivel autonómico, aproveitou a ocasión para trasladarlle o apoio do PP lucense. “Hoxe é un día grande para o PPdeG; hoxe é un día grande para Galicia; hoxe é un día grande para o partido en España e, na miña condición de presidenta provincial, teño que dicir tamén que hoxe é un día grande para Lugo”, afirmou.

Neste senso, a dirixente provincial destacou que, a diferenza doutras formacións, “en Galicia temos un líder que lidera”, entendendo esta figura como “aquela persoa que crea as condicións necesarias para o éxito dun equipo”. Tal é así que os grandes proxectos que se están a executar na provincia teñen todas o selo de Alberto Núñez Feijóo.

https://twitter.com/i/status/1416341752634613770

“Hoxe é un día grande para o PPdeG; hoxe é un día grande para Galicia; hoxe é un día grande para o partido en España e, na miña condición de presidenta provincial, teño que dicirtamén que hoxe é un día grande para Lugo”

“Os lucenses debémoche o Hula; as melloras que se están facendo nos da Mariña e no de Monforte; a autovía Nadela-Sarria; o primeiro centro integral de saúde que se constrúe no barrio da Residencias; as melloras nos colexios; o polígono aeroespacial de Rozas; os proxectos dos centros de saúde do Saviñao e de Antas de Ulla…. Por tanto,creo que é importante poñer en valor que a Xunta de Galicia é a administración que máis inviste na miña provincia con diferenza”, remarcou.

E é que con Feijóo no partido e gobernando a Xunta de Galicia, a provincia compensa a inacción e o castigo das administracións gobernadas polas forzas de esquerda; é dicir, a Deputación e o Goberno central

Contrapuxo así o esforzo da administración autonómica co cativo compromiso que demostran con Lugo outras institucións gobernadas polas forzas de esquerda. “A Deputación, gobernada por socialistas e nacionalistas, ten un presidente a media xornada; o Concello, dirixido por socialistas e nacionalistas é un copia e pega do bipartito da Xunta; o Goberno central, gobernado polo PSOE grazas ao apoio do BNG, a cambio de non sabemos moi ben o que, ou non foi, ou retrasa o proxectado ou nos quita servizos”. Por iso, concluíu a presidenta: “o PP de Lugo está contigo; a miña provincia está contigo e eu estou contigo. En Lugo tes a túa casa”.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.