Feijóo aborda co alcalde de Barbadás os principais proxectos para o municipio

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel Doval, os principais proxectos para este concello ourensán, como a mellora de diversas infraestruturas locais

O titular do Goberno Galego transmitiulle ao alcalde que as axudas económicas para os autónomos, as microempresas e a hostalaría local dos Plans de Rescate I e II, estanse repartindo segundo o previsto. De feito, máis do 73% dos titulares recibiron xa as axudas do primeiro Plan de Rescate e realizáronse pagos por valor de 273.660€ no segundo plan.

En canto os investimentos para a mellora das infraestruturas locais, acordaron avaliar o posible cofinanciamento do pavillón polideportivo e da habilitación dunha zona de xogos na piscina municipal, así como realizar un estudo para a implantación no municipio dun centro de día.

Finalmente, durante a reunión, Feijóo destacou a concesión dunha axuda de 30.000 € para a adquisición dun vehículo para a policía local con distintivo ambiental Cero emisións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.