FGC. Todo preparado no Campo de Tiro Río Sar para a desputa do Nacional de Compak – Gran Prix Fitasc

Do 30 de xullo ao 1 de agosto desputarase en Galicia, concretamente no Campo de Tiro de Río Sar, o Campionato de España – Gran Prix Fitasc de Compak Sporting, baixo a organización da Real Federación Española de Caza e coa colaboración da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar.

Máis de 300 tiradores participaran neste campionato nacional puntuable a nivel europeo e que se desputará a 200 pratos repartidos en 8 canchas situadas nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar (Concello de Trazo – A Coruña). Unhas fermosas instalacións e perfectamente acondicionadas para a celebración destes campionatos nacionais de tiro.

En horario de 9:00 – 20:00 horas do 27, 28 e 29 de xullo terán lugar os adestramentos oficiais e xa o 29 de xullo ás 20:00 horas terá lugar a entrega dos dorsais e o acto inaugural.  Será o vindeiro domingo 1 de agosto canto coñeceremos os gañadores das diferentes categoría que xunto coa entrega de premios e trofeos poñerá o punto e final a esta destacada cita do tiro nacional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.