Gómez Reino: «Hai que blindar a actividade pesqueira e o marisqueo fronte a ofensiva eólica no mar»

Unidas Podemos insta ao Ministerio a incluír a pesca artesanal e o marisqueo como actividades de interese xeral para protexelas fronte aos aeroxeneradores

O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vén de rexistrar unha proposta parlamentaria no Congreso sobre a modificación dos plans de ordenación do espazo marítimo polo impacto dos parques eólicos mariños no sector pesqueiro.

O Parlamento Europeo nunha resolución do 7 de xullo de 2021 estableceu que os Estados deberían contribuír ao desenvolvemento sostible dos sectores enerxéticos no mar, do transporte marítimo e dos sectores da pesca e da acuicultura, así como á protección e mellora do medio ambiente. Desta maneira pediu aos Estados membros que designen caladoiros tradicionais de pesca como zonas libres de enerxías renovables mariñas, para garantir que se eviten os efectos negativos dos aeroxeneradores mariños sobre as actividades pesqueiras e estean afastados das principais zonas de recollida.

No caso de España, o Proxecto de Real Decreto polo que se aproban os plans de ordenación do espazo marítimo das cinco demarcacións mariñas non inclúe a actividade pesqueira como designación de zona de uso prioritario e de alto potencial para o seu desenvolvemento.

O documento, asinado polo deputado Antón Gómez Reino, insta ao Ministerio a revisar estes plans de ordenación do espazo marítimo de todo o Estado para introducir a actividade pesqueira e marítima como actividades de interese xeral para o establecemento de zonas de uso prioritario e salvagardar así a actividade pesqueira e acuícola.

«Hai que blindar a actividade pesqueira e o marisqueo fronte a ofensiva eólica no mar. Non podemos consentir que unha multinacional que pretende destruír Galicia en terra o faga tamén no mar, un sector do que dependen miles de familias e fundamental para a nosa economía. Non queremos aeroxeneradores innecesarios. Queremos unha transición xusta e con beneficios para as comunidades, apostando pola eficiencia enerxética, a xeración distribuída e o autoconsumo.»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.