Gómez Reino, polo Día da Matria Galega: “Temos por diante a tarefa de desenvolver o enorme potencial de Galicia”

“Con precariedade non hai futuro. O emprego de calidade e a innovación tecnolóxica deben ser os eixos que impulsen o desenvolvemento do tecido económico e garantan unha mellora da vida das galegas

O Día de Galicia é un día de celebración, pero tamén de reivindicación: celebrar un país con inmensos recursos naturais, talento e creatividade, e reivindicar que o potencial de Galicia estea ao servizo das capacidades da sociedade galega.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, reivindicou a Galicia como un pobo capaz de tecer redes e comunidades de protección para as máis vulnerables, un pobo do que as institucións teñen que tomar exemplo, impulsando a corresponsabilidade social dos coidados coa creación dun sistema público de calidade.

Ademais, Gómez Reino reparou no problema demográfico e na importancia das axudas para o facilitar o acceso á vivenda que dean oportunidades á xente moza, así como acabar coa fenda dixital que ten Galicia. “Con precariedade non hai futuro. O emprego de calidade e a innovación tecnolóxica deben ser os eixos que impulsen o desenvolvemento do tecido económico e garantan unha mellora da vida da galegas”.

Podemos Galicia cre que hai que pór en valor o patrimonio natural e cultural de Galicia, cheo de recursos, talento e creatividade. “Queremos unha matria galega da defensa do planeta, da igualdade, do diálogo, capaz de dar resposta aos problemas cotiás das persoas, unha matria galega do que realmente importa”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.