Inicia as obras de dúas estradas que comunican Sarria e Samos

A Deputación de Lugo está acometendo estes traballos nas estradas provinciais LU-P-5602, que vai de Samos a Sarria por Pintín; e a LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente de Froián por Sabadelle

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de mellora de dúas estradas provinciais ao seu paso por Sarria. Trátase da LU-P-5602, que une Sarria con Samos por Pintín; e a LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente por Sabadelle, actuacións ás que a institución provincial destina un investimento de 200.000€.

Estas dúas estradas son eixos fundamentais para as comunicacións da veciñanza da comarca. Os traballos consisten na reapertura de cunetas, pavimentación en quente e sinalización horizontal mediante marcas viarias brancas.

Na  LU-P-5602, que pasa polas parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño, mellora un treito de 2 quilómetros, dende o punto quilométrico 15,5 ata o 17,5. Estas actuacións engádense ás xa executadas con 173.000 euros entre os puntos 11,8 e 15,4. Coa realización destes traballos, beneficiaranse preto de 300 veciños da zona e peregrinos, posto que se atopa no Camiño Francés.

Na LU-P-5702, acondiciónanse os primeiros 2,6 quilómetros desta estrada que comunica os concellos de Sarria e Samos e conecta os núcleos rurais do Mato, Santo Estevo, San Vicente de Froián, Suñide e Teibilide.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. Unhas estradas en boas condicións, entende a institución provincial, son necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.