Intervención do Speis de Narón no envorcamento dun vehículo na estrada de Castela

Os bombeiros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón recibiron unha alerta da CAE-112 por un accidente na estrada de Castela –á altura do número 710 (zona de O Ponto)-, ás 03.30 horas desta madrugada, con posibles persoas atrapadas no interior debido a que o turismo envorcou. Os bombeiros desprázanse ao punto indicado e á súa chegada o conductor do vehículo está fóra do mesmo, consciente e recibindo atención do servizo de urxencias 061 no lugar do accidente.

Os bombeiros realizan un control de derrames de líquidos e proceden a limpar a vía dos restos derivados do impacto. No accidente víronse afectados outros vehículos que estaban estacionados na zona, permanecendo os profesionais do Speis no lugar ata que se retiraron os vehículos afectados.

Despazáronse tamén á zona axentes da Policía Local de Narón. A intervención rematou ás 06.15 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.