Lugo presenta unha nova edición do FaCeLa Fest, que contará cun 50% de mulleres na súa programación

O 27 e 28 de agosto terán lugar cinco concertos no aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire, un deles gratuíto para toda a veciñanza de Lugo

A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou a colaboración do Concello de Lugo co FaCeLa Fest, festival de música independente que vai xa pola quinta edición. A concelleira de Cultura explicou que “esta mostra xa consolidada no tempo achega ano a ano a Lugo o mellor  da música independente”, e lembrou que “o ano pasado, debido á pandemia, o ciclo tivo que reinventarse cos Reencontros Musicais FaCeLa, colaborando para manter a actividade cultural de xeito seguro”.

Para este ano, o FaCeLa Fest contará con 10 concertos que terán lugar o 27 e o 28 de agosto no aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire. O evento contará con grupos locais, bandas emerxentes e formacións consagradas. Cada un dos días ao mediodía haberá un concerto gratuíto e de acceso libre para toda a veciñanza.

Chucho, Soleá Morente e Mujeres son os cabezas de cartaz desta edición do FaCeLa Fest, que estarán acompañados por Parquesvr, Menta, Pelazo, From Atomic, Infrarroja, Conducto Coloquio e Tulip. A concelleira de Cultura destacou “o compromiso do FaCeLa pola igualdade”, e afirmou que “este ano a metade dos grupos están liderados por mulleres”

Maite Ferreiro explicou que “desde o Concello de Lugo seguimos a para achegar a Lugo unha selección de actividades culturais de calidade ao mesmo tempo que apoiamos ás agrupacións locais”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.