Maite Ferreiro visita a exposición As Pequenas Cousas, mostra de obxectos utilizados por familias para lembrar ás persoas represaliadas

A mostra poderá visitarse até o 30 de setembro, nas celas de mulleres do Vello Cárcere

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou no Vello Cárcere a nova exposicion, As Pequenas Cousas, que abre hoxe as súas portas. A mostra consta de 26 obxectos e 13 fotografías, recompiladas durante máis de 10 anos de investigación, e que foron utilizados polas familias das persoas qeu foron asasinadas ou desaparecidas, ou cando estiveron no cárcere ou no exilio, para lembrar aos seus seres queridos.

Maite Ferreiro afirmou que «esta mostra é máis que unha exposicion, é unha mostra de obxectos cargados de reivindicación e de memoria», e engadiu «son obxectos que sobreviviron aos intentos de reescribir a historia levados adiante durante a ditadura, mantendo vivo o recordo, a dignidade e a esperanza até o día de hoxe».

A mostra poderá visitarse nas celas de mulleres do Vello Cárcere até o 30 de setembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.