BNG Viveiro: “María Loureiro, contraria a habilitar zonas para cans, non aplica os acordos plenarios aprobados para este verán”

No pasado pleno do 7 de xullo do 2021 foi aprobada a moción do BNG para habilitar zonas acoutadas para cans nas praias e en zonas verdes de Viveiro. Dita moción especificaba como primeiro punto dos acordos o seguinte:

Implementar como medidas para este verán:

  1. Establecer un horario que permita o acceso dos animais ás praias despois das 21h e até as 10h, nos meses de verán. (Como por exemplo existe en San Román).
  1. E establecer polo menos unha zona verde de esparcimento para cans, de maneira permanente ou con delimitación horaria.

Debido á urxencia de implementar as medidas deste punto xa que que estamos a finais de xullo, e que o bando non foi modificado nin se implementou ningunha das medidas aprobadas, zonas:

«que se dera cumprimento no tempo máis inmediato posible ao aprobado no punto antes mencionado, implementando as medidas acordadas no pleno, a través da modificación do bando ou a través dos trámites que sexan precisos para elo.»

A día de hoxe non foi emitida respota e nada ten feito o equipo de goberno para atender esta petición da veciñanza polo que exiximos que se dea cumprimento na maior brevidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.