No primeiro semestre de 2021, o MIHL recibiu 3975 visitas, 1682 máis que no mismo período de 2019

Maite Ferreiro: «só no mes de xuño, cuadriplicamos o número de visitantes do MIHL con respecto ao 2019»

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, respostou ás declaracións do Partido Popular sobre o MIHL, explicando que «as distintas actividades realizadas no MIHL durante o primeiro semestre do 2021 achegaron ás instalacións a 3975 persoas, 1682 máis que no mesmo período do ano 2019».

No mes de xuño deste ano, o MIHL chegou a contabilizar 1721 visitantes, cuadriplicando os 419 rexistrados no 2019. Malia que o ano comezou marcando menos visitantes, a relaxación das restriccións sanitarias a partir de marzo supuxo unha subida importante, pasando o propio mes de marzo de marcar 176 visitantes no 2019 a 506 no 2021, abril subindo en 100 visitantes, de 418 a 518 e case duplicando o número de asistentes ás actividades no mes de maio, pasando de 559 a 911.

Maite Ferreiro vinculou o éxito de visitas do Museo «á gran cantidade de actividades que organizamos durante todo o ano, nas que se poden ver distintas mostras de todos os estilos e formas de expresión cultural».

En resposta ao PP, a edil de Cultura afirmou que «traballamos para garantir o bo funcionamento das instalacións, e estamos a preparar unha actuación integral no edificio que solucione os problemas que se veñen arrastrando nos últimos anos».

Comparativa de visitantes do MIHL no primeiro semestre de 2019 e 2021

Ano 2019
XANEIRO 397
FEBREIRO 324
MARZO 176
ABRIL 418
MAIO 559
XUÑO 419
TOTAL 2293

 

Ano 2021
XANEIRO 244
FEBREIRO 75
MARZO 506
ABRIL 518
MAIO 911
XUÑO 1721
TOTAL 3975

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.