O BNG pide que a liña 11 do bus urbano volva a circular pola Avenida dos Mallos cando rematen as obras

A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un rogo oral para a Concellaría de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade restituír o percorrido da liña 11 do transporte urbano con vistas a que os buses volvan circular pola Avenida dos Mallos, unha vez concluídas as obras nesta vía

Durante a realización de obras na Avenida dos Mallos, o percorrido da liña 11 mudou e os buses pasaron a circular pola Avenida de Arteixo.

Avia Veira pide que se restitúa o percorrido orixinal porque “esta liña de bus permitía que moitas persoas maiores, e con problemas de mobilidade, puidesen acudir desde a parte baixa do barrio, nas rúas próximas á Avenida dos Mallos, aos servizos públicos situados na Avenida de Arteixo: centro de saúde, centro cívico, pavillón e piscina”.

As obras xa concluíron a comezos de xuño, polo que houbo tempo máis que de abondo para restituír o percorrido previo á súa realización.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.