O BNG propón ampliar a protección de Santalla de Bóveda para cubrir o castro e a fonte de Corvazal, datadas no século 1

Rodil: «É preciso garantir o mantemento e poñer en valor estas pezas, que son parte fundamental da nosa historia»

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, visitou o lugar de Santalla de Bóveda, onde anunciou que o BNG vén de presentar unha iniciativa no Parlamento de Galiza para incluír a fonte de Corvazal e o Castro situado alí entre o ámbito de actuación do Plan Director para o santuario de Santalla de Bóveda. Olalla Rodil explicou que «preto deste santuario atópanse o castro de orixe prerromano e a fonte de Corvazal datada no século I, e que posúen un enorme valor histórico».

Os restos deixaron de recibir mantemento despois do falecemento do propietario no ano 2016, polo que o estado de deterioro foi aumentando. A deputada, Olalla Rodil, afirmou que «urxe a intervención da Xunta de Galiza para garantir a conservación desta fonte e do conxunto patrimonial que constitúen a fonte e o castro de Corvazal xunto co santuario de Santalla de Bóveda», para o que, segundo Olalla Rodil, «é preciso ampliar a contorna de protección desta parroquia para equiparar o castro e a fonte como Bens de Interese Cultural, e ampliar o Plan Director que está a elaborar a Xunta de Galiza para o núcleo de Santalla de Bóveda para que o castro e a fonte pasen a formar parte dun plan integral de conservación, mantemento, posta en valor e divulgación».

A Fonte de Corvazal constitúe unha estrutura hidráulica que continuaba a funcionar dous mil anos despois de ser construída, e foi descuberta a comezos dos anos 70 polo propietario do predio. A fonte foi estudada pola Xunta de Galiza no ano 89, dentro das escavacións executadas no Castro, mais foi o propietario quen desenvolveu as labores de conservación. «Isto non impediu que co paso do tempo a fonte se fose deteriorando, en boa medida por estar ao descuberto», explicou Olalla Rodil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.