O Concello de Vigo ven de publicar a proposta de aprobación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as

Así como resolver as incidencias dos procesos selectivos derivados da execución das Ofertas de Emprego Público correspondentes aos anos 2014, 2015 e 2016.
Das nove persoas que manifestaron estar incursos en causa de abstención, desestimouse o escrito de abstención en 6 dos casos e se aceptaron 3. A partir da publicación do anuncio ábrese un prazo de dez días hábiles para poder recusar aos novos membros dos tribunais.
Tamén se dispuxeron xa novas datas de celebración do primeiro exercicio dos procesos selectivos convocados.

O Goberno Local segue a garantir os procesos de emprego público e, ante a máis mínima dúbida que puidese prexudicar os dereitos dos aspirantes, futuros funcionarios, aclarou primeiro esta situación para poder continuar co procedemento coa maior brevidade posible, como agora queda demostrado. O resto de probas fixadas o 25 de xuño mantéñense.

INFORME PROPOSTA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.