O Concello de Vilalba subvenciona a compra dunha furgoneta para o Centro Ocupacional dentro do proxecto ‘Transporte para a integración’

A alcaldesa, Elba Veleiro, e as concelleiras de Servizos Sociais e Educación, Marta Rouco e Antía Rama, visitaron o centro, que recibiu unha achega municipal de 25.000 euros

O Concello de Vilalba concedeu unha subvención de 25.700 euros á ‘Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Psíquica Vilalba Terra Chá’, unha achega destinada a desenvolver o proxecto ‘Transporte para a integración’ no Centro Ocupacional de Vilalba.

A principal actuación no marco deste proxecto foi a adquisición dun vehículo de oito prazas, que permitirá dar servizo de transporte aos usuarios e usuarias do centro.

A compra desta furgoneta grazas á subvención do concello suporá á Fundación un aforro estimado de 21.000 euros anuais e ademais propiciará a creación dun posto de traballo.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, acompañada das concelleiras de Servizos Sociais, Marta Rouco, e de Educación, Antía Rama, visitaron o Centro Ocupacional de Vilalba, que fai un traballo moi importante para integrar e apoiar ás persoas usuarias e as súas familias.

“Garantir o correcto funcionamento das entidades sociais de Vilalba é un dos nosos principais compromisos como goberno local; o labor que realizan é esencial para protexer tanto ás persoas con algún tipo de discapacidade, como para axudar ás súas familias”, asegura Marta Rouco, concelleira de Servizos Sociais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.