O Grupo Provincial do PP de Lugo escenifica o seu apoio unánime á candidatura de Elena Candia

Así se escenificou no día de onte, nunha reunión de traballo coa que os populares da Deputación asinaron masivamente o seu aval, respaldando así a proposta da candidata

En nome de todos os deputados, Javier Castiñeira sinala que “démolle o noso apoio a quen liderou este Grupo durante anos, que chegou a ser presidenta da Deputación, que coñece as necesidades dos lucenses e que ten un proxecto para a provincia”

Considera que a candidata “está fortalecida grazas a un traballo con rigor e moita dedicación”. “Da man Elena Candia estamos tamén preparados para a Deputación, que tamén merece un goberno do Partido Popular”, manifesta

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.