O I Rally Rías Baixas de Galicia fúndese no camiño marítimo da ría de Muros Noia

Unha travesía náutica sen natureza competitiva, organizada polo Monte Real Clube de Yates de Baiona e o Real Clube Náutico de Portosín, nace co obxetivo de ofrecerlles aos amantes da náutica a posibilidade de disfrutar dun percorrido diferente, coas máximas condicións de seguridade, e rematando coa realización do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia.

Tras percorrer as Rías Baixas, selando as credenciais en cada porto, os participantes acadaron a Ría de Muros Noia, adicando a xornada do sábado a navegar por diversos puntos da nosa costa. Foi sinxelo atopalos fondeados en calas, realizando actividades turísticas e disfrutando de tódolos atractivos da “Ría da Estrela”.

Pero o rallye non rematou ahí, posto que reconvertido xa no Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia, os participantes desprazáronse en autobús ata Santiago, facendo un alto en dous dos lugares preferentes do Camiño.

En Urdilde foron recibidos polo Tenente de Alcalde, Manuel dos Santos, quen, en nome do Concello de Rois, obsequioulles cunha degustación de produtos galegos mentres os peregrinos aproveitaban para selar as súas credenciais no emblemático Estanco da localidade.

A seguinte escala tivo lugar na Praza Mahía de Bertamiráns. Ahí foron recibidos polos concelleiros Ana Belén Paz e Manuel Lens, e tamén por representantes de asociacións empresariais. Tras un café e un novo selado de credenciais, os participantes preparáronse para culminar a xornada.

Tras navegar máis de 90 millas náuticas, faltaba o derradeiro requisito que o Cabildo Catedralicio sinala para facerse merecedores da Compostela: camiñar os kilómetros finais ata Santiago, algo que o numeroso grupo realizou perfectamente agrupado.

Ante o éxito da iniciativa, é fácil aventurar que este primeiro Rallye terá continuidade ata convertirse nun clásico da navegación recreativa galega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.