O Informe de Ecoloxistas en Acción revela as múltiples deficiencias das EDARs en Galicia

O Informe elaborado por Ecoloxistas en Acción cos datos facilitados por Augas de Galicia revela que das 159 EDAR analizadas, en 2020  houbo 19 que rexistraron numerosas Non Conformidades nas mostraxe recollidas

Segundo o informe emitido pola organización ecoloxista respecto as análese de DBO5  en 2020  houbo 18 que rexistraron Non conformidades e delas 9 o fixeron moitas máis veces do permitido. Non cumpriron as estacións de Cee-Corcubión, Arcade, Touro, Burela, Foz, Pontecaldelas, Os Praceres (Pontevedra), Botos (Lalín), Río Lea (Castro de Rei), Camboa (Soutomaior)  e Maceda. Destaca sobre todo a EDAR de Castro de Rei que non pasou ningunha das 12 análises anuais, Foz con 7 non conformidades de DBO 5   e Pontecaldelas con 6. A maior parte destas EDAR  (salvo a de Touro) están infradimensionadas, atendendo a unha poboación equivalente maior da que poden tratar con facilidade.

Respecto as mostraxes de DQO foron 19 EDARs as que rexistraron Non conformidades sendo a parte da estación de Os Praceres, as de Muxia con 10 e Río Lea (Castro de Rei) tamén con 10 as máis incumpridoras. De entre a 10 depuradoras con límites para nutrientes, a de Sarria que tamén está infradimensionada,  incumpriu por exceso de Nitróxeno.

Con todo, sinalan, o caso máis problemático é a EDAR de Placeres, que trata as augas de Pontevedra, que só en 2020 tivo 22 incumprimentos de DBO5, 15 de DQO así como niveis medios de Nt e Pt moi por encima do límite : 22 mg/l e 3,07 mg/l cando o máximo estipulado neste caso é 10 e 1 mg/L respectivamente.

Comparando coas análises de 2019, a situación era similar en Placeres e Sarria. Outras 14 depuradoras sobrepasaron o número de análises non conformes, destacando Rianxo, Burela, Foz e Cee-Corcubión. No caso de Rianxo a depuradora tamén é moito menor do necesario (posiblemente pola carga contaminante xerada nas conserveiras) cunha capacidade de só 9 000 Heq fronte os 20.000 necesarios.

Desde Ecoloxistas en Acción lembran que a maioría das EDARs deficientes arrastran un longo histórico de non conformidades sen que as administracións competentes local e autonómica leven a cabo as actuacións necesarias para remediarlo. A EDAR de Placeres é a máis problemática de todo o territorio Galego, xa que combina incumprimentos constantes cun gran volume de auga a tratar. Inda que nón é a fonte do problema, debe salientarse as consideración da Ría de Pontevedra como zona sensible (a diferencia das outras rías baixas) é un pouco arbitraria.

Por outra parte, denuncian que aínda que carécese de datos estadísticos das verteduras por aliviaderos, é necesario mencionar esta importante fonte de contaminación sistémica. En Galicia a inmensa maioría dos colectores de augas de refugallo carecen de separativa de pluviais, esta situación provoca que as chuvias intensas colapsen o sistema de saneamento das vilas e os rebosaderos alivien ao mar, río ou ecosistema no que vertan. Outra fonte de desbordamento do sistema de saneamento das vilas e que provoca ano tras ano graves verteduras é a presión demográfica pola afluencia descontrolada de turismo. Así as zonas aledañas aos aliviaderos presentan elevados niveis de contaminación e eutrofización.

Débese considerar que non só as  ARU son as que xeran afección. A contaminación difusa procedente de producións agrícolas litorais, achega por acuíferos contaminados por nutrientes, contaminación por leitos fluviais con contaminación orgánica, achegas industriais ou a contaminación por instalacións de acuicultura, acaban incorporando materia orgánica e/ou nutrientes ao mar.

“O estado español ten un triste historial de sancións por parte de Unión Europea por incumprir os requerimentos de depuración de augas residuais e aínda que se deron pasos para subsanar as verteduras, pero estamos moi lonxe de cumprir globalmente a normativa europea e deixar de contaminar o medio ambiente– resalta Raúl Cerviño voceiro de Ecoloxistas en Acción e redactor do informe.

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.