O PIMD Rural de Íntegro iniciará o luns 12 un curso para mulleres do rural sobre o manexo do teléfono intelixente

Esta acción presencial vén a sumarse a outras impartidas nos últimos meses sobre habilidades sociais e pre-laborais, busca activa de emprego e resolución de conflitos

O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade do Rural (PIMDRural) iniciará a vindeira semana unha nova acción formativa gratuíta, dirixida a mulleres, preferentemente con disCapacidade, que residan no medio rural. Desta volta, a actividade consistirá nun taller de manexo de teléfono intelixente, que dará comezo o próximo día 12 nas instalacións da asociación Íntegro en Nantón (Cabana de Bergantiños).

As sesións, de dúas horas de duración, xirarán arredor do uso e manexo responsable dos dispositivos móbiles (whatsapp, correo electrónico, redes sociais, APP´s, …). As participantes dividiranse en grupos reducidos para garantir unha atención individualizada e manter as medidas de seguridade e hixiene fronte á COVID-19. En caso de que a demanda supere as expectativas previstas, ao rematar esta acción, realizarase unha segunda edición para acoller a todas as aspirantes ao curso. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ao longo desta semana chamando ao 981 734 985 ata cubrir as prazas aínda dispoñibles.

Esta actividade está incluída no plan formativo da asociación Integro, dentro do PIMD Rural, un programa co-financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Nos últimos meses, tras retomar a actividade presencial, realizamos xa diversos talleres formativos sobre habilidades sociais e pre-laborais, resolución de conflitos, busca activa de emprego, etc. Así mesmo, desde o pasado mes de outubro, o Punto de Intervención á Muller con Diversidade Funcional de Integro prestou atención a máis de 30 mulleres da nosa contorna e cada día seguimos a traballar sen descanso para ofrecer asistencia e dar cobertura ás demandas de mulleres dos concellos limítrofes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.