Oitavo posto para a Selección Galega no estatal de Federacións

A Selección Galega de atletismo acaba de lograr o oito lugar no Campionato de España de Federacións Autonómicas que se disputou no día de hoxe na localidade catalana de L´Hospitalet.
O combinado galego sumaba un total de 196,5 puntos nun encontro domiñado comodamente pola selección catalana quen se acabaría impoñendo cun total de 295 puntos.
Baixo un formato competitivo mixto obrigado polas circunstancias sanitarias, destacaría por parte galega os triunfos de Alba Cuns quen sobre o concurso de triplo lograba saltar ata os 12.94 (+2,8) que lle daban o primeiro logar. De igual modo a principal favorita no cuncurso de xavelina a cubana Yulenmis Aguilar, quen defendía as cores galegas, impúxose de maneira autoritaria con 58,03
Foron de igual modo notables o segundo lugar logrado por Mauro Triana sobre os 100 m. con 10.58 e os terceiros postos de Edymar Brea sobre os 3.000 m. que completaba en 9:19.08, así como o de Carlos Revuelta en martelo lanzando no seu cuarto intento ata os 61,21 m.
Jean Marie Okutu con 7,32 m. no foso de lonxitude e Carmen Escariz nos 5.000 marcha con 23:55.56 foron outros dos atletas con mellores prestacións nesta cita de L´Hospitalet cos seus quintos postos.
Resultados da actuación galega:

  • 2º Mauro Triana nos 100 m. con 10.58
  • 8ª Adi Iglesias nos 200 m. con 24.47
  • 6º Pedro Juncal nos 400 m. con 47,62
  • 10ª Raquel Meaños nos 800 m. con 2:13.39
  • 10º Carlos Porto nos 1.500 m. con 3:56.62
  • 3ª Edymar Brea nos 3.000 m. con 9:19.08
  • 11º Esteban Iglesias  os 5.000 m. con 15:10.27
  •  Lucía Ferrer nos 100 valos con 14.37
  • 12º Santi Rozas nos 400 valos con 56.23
  • 12º Xoel Rodríguez nos 3.000 Obst. Con 10:22.10
  • 5ª Jean Marie Okutu en lonxitude con 7.32
  • 1ª Alba Cuns en triplo con 12.94
  • 12º Raúl Cortizo en altura con 1.95
  • 9ª Bea Viteri en pértega con 3,20
  • 11ª Jaime Arias en peso con 12,92 m.
  • 10ª María Ezquerro en disco con 37,12 m.
  • 3º Carlos Revuelta en martelo con 61,21
  • 1ª Yulenmis Aguilar en xavelina con 58.03
  • 5ª Carmen Escariz nos 5.000 marcha con 23:55.56
  • 8º Relevo mixto 4×100 con 44.16
  • 10º Relevo mixto 4×400 con 3:33.26

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.