Oleiros saca á venda 17 parcelas para a construción de vivendas unifamiliares

O Concello de Oleiros ten á venda 17 parcelas de propiedade municipal que foron adquiridas gratuitamente a través da xestión do planeamento das novas urbanizacións que se foron creando por todo o concello. Os recursos que se obteñan con estas vendas destinaranse a financiación de novas obras e servizos públicos municipais

As parcelas que saen á venda están situadas en Dorneda (Xaz), Mera (Canide e Punxeiro), Oleiros, Iñás e Nós. Os terreos están completamente urbanizados, contan con todos os servizos e son para a construción de vivendas unifamiliares.
O prazo de presentación de ofertas remata o día 9 de agosto. A licitación será por medio de poxa pública. As persoas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da plataforma de contratación do sector público ou presencialmente na Casa do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.