Os socialistas de Abadín emprazan ao concello a mellorar as estradas municipais, tralo adecentamento de viais provinciais

O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz agradeceu hoxe o traballo do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca e a todo o seu equipo no ente provincial por mellorar as estradas provincias do noso Concello

Díaz explicou que tras escoitar as demandas veciñais emprazaron á Deputación a realizar melloras de adecentamento e rebacheo en dúas estradas provincias. “Concretamente fixéronse labores de rebacheo na estrada provincial LU-P-0101 que une Gontán con Ferreira, e tamén na estada LU-P-0106 na parroquia de Aldixe”, remarcou.

“Para vivir e traballar no rural necesitamos unhas vias de comunicación polas que poidamos transitar con seguridade, por iso é moi necesario mellorar os nosos vias de comunicación. E dende aquí queremos emprazar ao Concello de Abadín e o todo o seu Equipo de Goberno para que se dea un paseo polas nosas parroquias e adecente tamén as estradas de titularidade municipal, como xa demandamos en reiteradas ocasións”, insistiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.