Os socialistas de Castro de Rei demandan ao concello mellores accesos ao centro de saúde

Rexistraron unha iniciativa que será debatida na vindeira sesión plenaria coa que demandan ao Concello que habilite unha barandilla ou similar na rúa que da acceso ao centro, e que se revise a rampla que da acceso ao mesmo

Os Socialistas de Castro de Rei avanzaron hoxe que rexistraron unha moción no Concello que será debatida na vindeira sesión plenaria coa que instan ao Concello a mellorar os accesos ao centro de saúde de Castro de Rei.

Concretamente demandan ao goberno do PP “que habilite unha barandilla ou similar na rúa que da acceso ao centro de saúde pola perigosidade na que se atopa actualmente. E tamén solicitan que se revise a rampla que da acceso ao mesmo, para que cumpra con tódalas las garantías de seguridade deste tipo de pendentes”, sinalan na proposta.

Dende a Agrupación Socialista lembran que “o Concello de Castro de Rei executou obras  de mellora no entorno do Centro de Saúde de Castro de Rei a través do Plan Único da Deputación 2020. E investiu un montante económico de 99.600 euros para acondicionar as beirarrúas da rúa alcalde Emilio Sinde Nieto. Pero unha vez rematadas estas obras comprobamos que distan moito de mellorar o acceso ao centro de saúde da vila e a seguridade dos peóns que transitan por ela”, advirten.

Así as cousas, explican que “por unha banda nun lateral desta rúa existe un desnivel moi perigoso para a veciñanza que pasea e accede por esa via, xa que non conta con ningunha barandilla de apoio ni tampouco ningún outro elemento de subxección que axude a o viandante a circular pola mesma”.

Por último “outra cuestión a mellorar é a rampla de acceso ao centro de saúde, xa que entendemos que non compre nin as medidas de seguridade que marca a normativa, e tampouco dispón de barandillas de acceso ou outros elementos similares para poder pode acceder a este espazo publico, que é frecuentado na súa maioría por xente de avanza idade que require de axuda”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.